Alumnado & Familias

Proxecto YAM

O proxecto YAM é un ensaio clínico aleatorizado para avaliar a eficacia do programa de prevención universal do suicidio Youth Aware of Mental Health en Galicia

Esta investigación é promovida polo SERGAS e a Consellería de Educación con fondos aportados polo Fondo Social Europeo + 2021-2027 dentro do Programa de Prevención do Suicidio en Xóvenes 2023- 2024.

O programa YAM levarase a cabo como unha acción de prevención universal incluída para o alumnado de  3º ESO nun dos centros escolares seleccionados en Galicia, entre os que está o IES San Mamede.

En que consiste a nosa participación?

O IES San Mamede foi seleccionado de xeito azaroso (como tirando unha moneda ao aire) para participar no proxecto como grupo de control e facéndoo YAM o curso que ven.

O YAM é unha intervención grupal que se leva a cabo en clase en horario normal. 

Antes de empezar o YAM haberá unha sesión para realizar uns tests online de maneira individual. Os tests son anónimos, non é posible saber a que persoa corresponde cada resposta, o que facilita que se responda de xeito sincero. A duración destes tests online é menor a unha hora de clase (45 minutos). Un ano despois repetiranse eses cuestionarios para ver cal foi a evolución.

A nosa participación consistirá en realizar esas avaliacións online unha vez este curso e outra vez dentro dun ano.

Será o vindeiro curso cando faremos realmente o YAM (para o alumnado que estea matriculado no vindeiro curso en 3º ESO e 4º ESO)

Proxecto YAM

Máis información na páxina web do proxecto
Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión