Secretaría

Pago de taxas dos títulos LOE

Podedes consultar aquí as instrucións para pagar os títulos LOE (Bacharelato, Técnico – ciclos medios- ou Técnicos Superiores – ciclos superiores-:

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.

Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

  • Telemáticamente
  • Presencialmente

Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:

  • Cidadáns
  • Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa segundo se indica no documento que se atopa ao final desta páxina.
  • Continuar.

No apartado obxecto débese poñer un texto similar a “Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>”.

Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico direccion@iessanmamede.com, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación. Tamén se pode entregar presencialmente en Secretaría.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES San Mamede, onde se lle indicará o trámite a seguir.

Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)
Familia numerosa
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€

A continuación podes atopar os modelos para cumprimentar os impresos de pagamento:

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión