Xogando cos deportes alternativos

No pasado mes de marzo, os nosos compañeiros do IES Allariz brindáronnos a oportunidade de descubrir e practicar tres deportes alternativos: balonkorf, ultimate e datchball. O noso alumnado integrouse co deste centro, formando equipos mixtos que competiron entre si nas distintas modalidades mencionadas. Cómpre salientar a excelente organización por parte do profesorado de Educación Física […]

Voleibol con Xogade

Outra das actividades de promoción deportiva incluídas no programa XOGADE é a de voleibol dirixida ao alumnado de 3º da ESO. Aproveitando esta oportunidade, desprazámonos ata o IES Otero Pedrayo de Ourense, onde coincidimos con numerosos centros educativos, chegando a participar arredor de 600 alumnos e alumnas. Durante toda a mañá disputáronse partidos mixtos de […]

Viaxe á neve: unha experiencia educativa e de convivencia en Andorra

O noso alumnado gozou dunha semana inesquecible en Andorra, na que se cumpriron amplamente as expectativas tanto a nivel deportivo como persoal. Durante a estancia, tivemos a oportunidade de compartir actividades co Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Esta convivencia resultou moi enriquecedora, permitindo establecer vínculos entre alumnado e profesorado de ambos centros, así […]

Promoción do Pickleball

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo, o alumnado do IES San Mamede gozou dunha semana dedicada ao descubrimento e á práctica do pickleball, un deporte cunha ampla implantación noutros países e que comeza a acadar unha presenza cada vez máis relevante no noso. Aproveitamos esta oportunidade para expresar o noso agradecemento a […]

Bádminton intercentros

O pasado mércores, día 28 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro desprazouse ata as instalacións do colexio Miraflores para participar nunha xornada de convivencia enmarcada no Plan XOGADE. Ao longo da actividade, o alumnado puido experimentar de primeira man os valores asociados á práctica deportiva, destacando polo seu […]

Cros en Monterrei. Plan XOGADE

O venres 17 de novembro de 2023, celebrouse, en Monterei, o comarcal do Cros do Plan XOGADE.
O alumnado do primeiro ciclo da ESO do IES San Mamede, practicou deporte na presenza de estudantado doutros centros da comarca.