FP. Ciclo Básico de Informática

Informática de Oficina

2 cursos
Todos os niveis
Gratuíto

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente do centro educativo no que estea matrículado
  • Consentimento familiar
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado segundo ou terceiro curso

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos


De 8:30 a 14:10. Luns tamén de 15:40 a 17:20.

Superando o ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico en informática de oficina.

Adicionalmente, obténse o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Se estás estudando na ESO, infórmate no noso centro ou no teu centro educativo sobre como acceder á FPB.

Obterás o título de técnico básico en informática de oficina e o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Transporte escolar dende Ourense, con paradas ao longo dos traxectos.

Transporte gratuíto dende Ourense ata a porta do Instituto

Chegada para as clases e saída xusto ao rematar as mesmas

Para que o transporte non teña custo económico débese facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova.

Máis información na web http://www.bus.gal

Módulos e Ámbitos

Ven a estudar connosco

Aproveita o transporte gratuíto dende Ourense, que coincide co horario das clases e anímate. Ensinanza 100% gratuíta
Comparte a páxina nas redes