IES San Mamede é un Centro Oficial Microsoft Imagine Academy

IES San Mamede é Microsoft Imaxine Academy, isto quere dicir que está acreditado como centro de formación oficial en tecnoloxías Microsoft e que forma ao seu alumnado con material e licenzas oficiais.

Ademais, se o desexan, finalizada a formación tamén poderán realizar unha proba para obter un certificado avalado por Microsoft, que acredite os coñecementos adquiridos. 

Formación oficial recoñecida por Microsoft

Valor engadido para o alumnado durante a súa formación

Profesorado cualificado

Garantía dunha formación de calidade

Formación orientada ao mundo laboral

Coñecementos necesarios en tecnoloxías Microsoft para adaptarse ao mundo laboral

Formación práctica garantida

Coñecementos prácticos necesarios para o éxito profesional

Software educativo

Acceso a recursos de software Microsoft para realizar a formación

Plataforma en liña e recursos formativos

Recurso ideal para completar a información

Sobre Microsoft Imagine Academy 

O programa Microsoft Imaxine Academy é un proxecto educativo de Microsoft deseñado para que os centros educativos poidan formar aos seu alumnado en tecnoloxías Microsoft coa máxima calidade e nivel.

Microsoft Imaxine Academy ofrece aos seus estudantes e educadores os plans de estudos e as certificacións que necesitan para triunfar na economía orientada á tecnoloxía. Para así poder aprender sobre: informática, infraestrutura de TI, ciencia de datos e produtividade.

Comparte a páxina nas redes