Secretaría

Proceso de admisión – ESO e Bacharelato

Reserva de prazas dende centros adscritos (15 de xaneiro ao 5 de febreiro)

Prazo

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Para quén?

Para alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado no CEIP Plurilingüe de Maceda ou CEIP Baños de Molgas  que se incorporará ao IES San Mamede en 1º ESO para o vindeiro curso.

Solicitudes

Empregarase o modelo ED550A e o modelo ED500A-bis  que se poden cubrir de doús xeitos:

Xunto coa solicitude deberá achegar o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas…).

Instrucións de entrega

A solicitude anterior deberase presentar no centro no que está matriculado nese momento (CEIP Plurilingüe de Maceda ou CEIP Baños de Molgas).

Solicitudes ordinarias de admisión (1 ao 20 de marzo)

Prazo

Do 1 ao 20 de marzo

Para quén?

Para alumnado que non proceda do CEIP Plurilingüe de Maceda nin do CEIP Baños de Molgas e que desexe matricularse no IES San Mamede para o vindeiro curso.

Solicitudes

Empregarase o modelo ED550B e  o modelo ED550B-bis que se poden cubrir de doús xeitos:

Xunto coa solicitude deberán achegar o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas…).

Instrucións de entrega

A solicitude anterior deberase presentar por calquera das seguintes vías:

  • No centro educativo solicitado en primeiro lugar.
  • Mediante sede electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Escolarización extraordinaria

Ten lugar cando haxa unha necesidade inmediata de escolarización sobrevida durante o curso actual por algunha das seguintes causas:

  • Traslado da unidade familiar debido a algunha das seguintes causas: mobilidade forzosa de calquera das persoas proxenitoras ou titoras, discapacidade sobrevida de calquera dos membros da unidade familiar ou cambio de residencia derivado de actos de violencia de xénero.
  • Outros supostos de traslado do domicilio da unidade familiar, motivado por causas distintas ás indicadas no punto anterior, que impliquen cambio de localidade.
  • Incorporación tardía ao sistema educativo
  • Inicio dunha medida de protección (tutela ou garda) a través de acollemento familiar ou da incorporación a un centro de menores
  • Agrupamento da unidade familiar nunha mesma localidade que implique a necesidade de solicitar a escolarización

Solicitudes

Empregarase os modelos ED550C  e o ED550C-bis 

Presentación de solicitudes

Estas solicitudes xunto coa documentación acreditativa da causa alegada poden presentarse:

  • Presencialmente no centro docente ou na Xefatura Territorial
  • Por vía electrónica: A través dos  formularios anteriores mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal sempre que se dirixan á xefatura territorial correspondente

Tanto se se presentan nun centro como se se presentan na xefatura territorial, correspóndelles tramitalas e propoñer as medidas necesarias para a súa escolarización á xefatura territorial, previo informe da inspección educativa, cando consideren que, á vista da documentación achegada pola persoa solicitante, está debidamente acreditada a causa alegada.

Solicitudes de reserva de praza dende centros adscritos

Para alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado no CEIP Plurilingüe de Maceda ou CEIP Baños de Molgas  que se incorporará ao IES San Mamede en 1º ESO para o vindeiro curso.

15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Solicitudes ordinarias de admisión

Para alumnado que non proceda do CEIP Plurilingüe de Maceda nin do CEIP Baños de Molgas e que desexe matricularse no IES San Mamede para o vindeiro curso.

1 de marzo ao 20 de marzo

Solicitude extraordinaria

Ten lugar cando haxa unha necesidade inmediata de escolarización sobrevida durante o curso actual

Durante o curso
Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión