Modificación do horario de saída – Venres 17 de abril

Informamos de que o vindeiro venres 17 de abril haberá restricións de tráfico na contorna de Maceda con motivo do paso da 4ª etapa da Volta Ciclista O Gran Camiño.Estas restricións afectan ao transporte escolar, polo que, por indicación do Servizo de Mobilidade de Ourense (Dirección Territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes), o centro adiantará a saída de todo o alumnado 40 minutos. As clases rematarán as 13:30 horas.
XVII concurso literario de relato curto e poesía “João de Nóvoa”

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES SAN MAMEDE de Maceda convoca o XVII CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO e POESÍA “João de Nóvoa” dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos e da área de influencia.
Convocadas as becas para estudos postobrigatorios 2026/27

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as becas xerais para o curso 2026/27, dirixidas ao alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias.
Avaliación de diagnóstico 2025/26

En cumprimento da normativa educativa estatal, este curso realizaranse as probas da Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 2.º de ESO en todas as comunidades autónomas. En Galicia, están programadas para os días 28, 29 e 30 de abril de 2025.
Prematrículas curso 2026/27

Xa están dispoñibles as prematrículas para o vindeiro curso 2026/27 que se encherán online. Data límite de entrega: venres 27 de marzo.
III Feira de Emprendemento – Impulsa

O próximo 3 de marzo, organizado por Ayuda en Acción, celebraremos no centro a III Feira Impulsa de Emprendemento, unha xornada para achegar ao alumnado os recursos e oportunidades da súa contorna.
Admisión – Prazas vacantes curso 2026/27

Unha vez realizadas todas as reservas de praza procedentes dos nosos centros adscritos, foron admitidas todas as solicitudes de reserva de praza para o curso 2026/27.
Neste artigo tamén poderás ver a listaxe de vacantes para o vindeiro curso.
Exposición “Infancias Perdidas”- Alumnado de 2º da ESO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Infancia, o 20 de novembro, desenvolveuse no IES San Mamede unha actividade co alumnado de 2º da ESO titulada “Infancias Perdidas”.
Reunión coas familias

O vindeiro luns 13 terá lugar a reunión inicial coas familias dos cursos de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Bacharelato, SMR e DAM
Programacións curso 2025/26

Accede ás programacións didácticas completas, xunto cos seus resumos, de todas as materias e módulos do curso 2025/26.