IES San Mamede

Instituto Público de Educación Secundaria e FP – Maceda

Con motivo da convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, a dirección do IES San Mamede, a petición da Xunta Electoral do centro, publicou unha circular informativa dirixida ás familias sobre o procedemento para elixir as persoas representantes das nais, pais e titores/as legais do alumnado.

A circular está publicada no taboleiro de anuncios do centro e tamén pode consultarse premendo nesta ligazón.

Para máis información sobre o proceso electoral, as datas e as modalidades de votación presencial e telemática, podedes consultar a nova publicada anteriormente nesta páxina web.