Google Workspace for Education
No IES San Mamede implementamos Google Workspace for Education (antes G Suite for Education), conxunto de ferramentas de Google destinadas ao ensino, que utilizan dez millóns de alumnas, alumnos, profesoras e profesores de todo o mundo, e entre as que se inclúen Gmail, Calendar, Documentos, Classroom, etc.
O alumnado e profesorado empregamos as nosas contas contas de Google Workspace para completar tarefas, comunicarnos e aprender destrezas propias da cidadanía dixital do século XXI.
Política de privacidade
Política de Privacidade
Quén administra as contas?
Política de Privacidade
Software incluído
Todo o noso alumnado dispón dunha conta de correo @iessanmamede.com, coa que acceden individualmente a G Suite for Education, ademáis de poder empregarse como unha dirección de correo electrónico convencional
Algunhas dass aplicacións gratuítas de Google Workspace for Education para o noso alumnado son: Hangouts Meet, Google Gmail, Google Drive, Google Sites, Presentacións, Google Classroom, Vault, Follas de cálculo….
Permite xestionar un aula virtual colaborativa a través de Internet, sendo unha plataforma para a xestión do aprendizaxe ou Learning Management System (LMS)
Esta ferramenta permite xestionar as clases online, e pode empregarse tanto para o aprendizaxe presencial coma para o aprendizaxe 100% a distancia. Poderánse crear documentos, compartir información en diferentes formatos…
Pódese traballar cun correo comunitario que ofrece 25 GB de almacenamento para cada alumno/a e un eficaz filtrado de spam, todo con contas individuais e personalizadas para o alumnado e profesorado co dominio do centro @iessanmamede.com
Esta ferramenta outorga ao IES San Mamede un espazo de almacenamento para arquivos e a opción de crear documentos de texto, follas de cálculo, cartafoles, presentacións ou formularios, que poderán ser compartidos entre o alumnado e profesorado
Permite facer videoconfencias grupais.
Dota ao noso alumnado e profesorado da capacidade de crear páxinas web interactivas sen a necesidade de ter coñecementos avanzados.
Presentacións, Vault, Follas de cálculo, Picassa, Maps, Google Voice, Chrome ou Blogger, son outras das aplicacións dispoñibles para o alumnado e profesorado deste centro.