IES San Mamede

Instituto Público de Educación Secundaria e FP – Maceda

A Xunta Electoral do IES San Mamede convoca as eleccións ao Consello Escolar, de acordo co establecido na Resolución do 27 de agosto de 2026 (DOG do 4 de setembro de 2026).

Nestas eleccións renovaranse os representantes dos seguintes sectores:

  • Nais, pais e titores/as legais do alumnado: Renovación de 1 persoa representante.
  • Alumnado. Renovación de 2 persoas representantes.
  • Profesorado. Renovación de 3 persoas representantes.

📝 Presentación de candidaturas

As persoas interesadas en presentar a súa candidatura poderán facelo ata o 28 de outubro ás 14:00 h, entregando o correspondente formulario na Secretaría do centro.

Os formularios están dispoñibles na Secretaría e tamén poden descargarse nas seguintes ligazóns, segundo o sector ao que pertenzan:

🗳️ Votacións

Este ano, por primeira vez, as familias poderán elixir entre votar telematicamente a través de AbalarMobil ou facelo presencialmente. O resto dos sectores votarán exclusivamente de forma presencial.

  • Votación telemática das nais, pais e titores/as legais: desde as 00:00 h do 11 de novembro ata as 23:59 h do 17 de novembro, a través do espazo Abalar. As persoas que voten telematicamente non poderán modificar o voto emitido nin votar posteriormente de forma presencial.
  • Votacións presenciais de todos os sectores: luns 23 de novembro de 2026, incluídas as nais, pais e titores/as legais que non votasen telematicamente.

📄 Convocatorias e formularios

Para máis información, poden consultarse as convocatorias oficiais publicadas no taboleiro de anuncios do centro e dispoñibles a continuación, xunto cos formularios para a presentación de candidaturas: