O vindeiro sábado 7 de novembro de 2026, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) de Ourense acollerá unha nova edición do DevFest Ourense, un evento organizado pola comunidade Google Developer Groups (GDG) que reúne profesionais, estudantes e persoas apaixonadas pola tecnoloxía.
Ao longo da xornada desenvolveranse conferencias, charlas, obradoiros e demostracións prácticas, ademais de actividades que permitirán compartir experiencias e establecer contactos con profesionais e empresas do sector tecnolóxico.
Nesta edición, o evento centrarase en catro grandes áreas tecnolóxicas: Chrome, Android, Intelixencia Artificial (IA) e Cloud, e contará coa participación de relatores internacionais e empresas do sector.
O DevFest constitúe unha excelente oportunidade para que o noso alumnado de Formación Profesional da familia de Informática e Comunicacións amplíe os seus coñecementos, descubra novas tendencias tecnolóxicas e entre en contacto coa comunidade de desenvolvedores.
📅 Data: sábado 7 de novembro de 2026.
📍 Lugar: Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), Ourense.
🔗 Máis información:
