No pasado mes de marzo, os nosos compañeiros do IES Allariz brindáronnos a oportunidade de descubrir e practicar tres deportes alternativos: balonkorf, ultimate e datchball. O noso alumnado integrouse co deste centro, formando equipos mixtos que competiron entre si nas distintas modalidades mencionadas.
Cómpre salientar a excelente organización por parte do profesorado de Educación Física do IES Allariz, que logrou que o alumnado aproveitase ao máximo o tempo dispoñible e gozase dunha experiencia enriquecedora arredor da actividade física.
Unha vez máis, queremos destacar —e agradecer— o alto nivel de esforzo, compañeirismo, implicación e dedicación amosado polo noso alumnado, superando as expectativas iniciais. Este feito anímanos a continuar promovendo e organizando actividades deste tipo, que favorecen a socialización e poñen en valor os múltiples beneficios da práctica de actividade física.




