Voleibol con Xogade

Outra das actividades de promoción deportiva incluídas no programa XOGADE é a de voleibol dirixida ao alumnado de 3º da ESO. Aproveitando esta oportunidade, desprazámonos ata o IES Otero Pedrayo de Ourense, onde coincidimos con numerosos centros educativos, chegando a participar arredor de 600 alumnos e alumnas. Durante toda a mañá disputáronse partidos mixtos de […]

Viaxe á neve: unha experiencia educativa e de convivencia en Andorra

O noso alumnado gozou dunha semana inesquecible en Andorra, na que se cumpriron amplamente as expectativas tanto a nivel deportivo como persoal. Durante a estancia, tivemos a oportunidade de compartir actividades co Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Esta convivencia resultou moi enriquecedora, permitindo establecer vínculos entre alumnado e profesorado de ambos centros, así […]

Promoción do Pickleball

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo, o alumnado do IES San Mamede gozou dunha semana dedicada ao descubrimento e á práctica do pickleball, un deporte cunha ampla implantación noutros países e que comeza a acadar unha presenza cada vez máis relevante no noso. Aproveitamos esta oportunidade para expresar o noso agradecemento a […]

Xogos tradicionais

Os luns días 23/02 e 02/03 tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de persoal do CCP Xaquín Lorenzo, que quixeron achegar ao noso alumnado de 1º de ESO diversos aspectos da nosa cultura: diferentes verbas, tradicións propias e, sobre todo, algúns dos nosos xogos populares que se transmiten de xeración en […]

Vida activa e primeiros auxilios

Durante o mes de xaneiro impartíronse no noso instituto unhas charlas teórico-prácticas sobre primeiros auxilios, co obxectivo de garantir o máximo rigor e manter unha formación o máis actualizada posible neste ámbito. Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración do persoal da Cruz Vermella de Maceda. O principal obxectivo destas sesións foi concienciar o alumnado […]

Bádminton intercentros

O pasado mércores, día 28 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro desprazouse ata as instalacións do colexio Miraflores para participar nunha xornada de convivencia enmarcada no Plan XOGADE. Ao longo da actividade, o alumnado puido experimentar de primeira man os valores asociados á práctica deportiva, destacando polo seu […]

Actividade de cross (XOGADE)

Alumnado cross

O venres 21 de novembro deron comezo as actividades do Plan Xogade correspondentes ao curso 2025/26, cun desprazamento a Monterrei para participar nas diferentes probas de cross nas que interviría o noso alumnado. Ata alí acudimos cun grupo de estudantes de 1º e 2º da ESO, co obxectivo de fomentar a convivencia con outros centros […]

Torneo do magosto 2025

Celebra o Magosto con emocionante torneo de fútbol sala e un delicioso menú preparado polo alumnado de 4º da ESO.