Pump-track en Monterrei

O alumnado de 1º ESO do IES San Mamede participou, o 27 de febreiro, nunha actividade de promoción deportiva no pump-track de Monterrei.

Entroido no IES San Mamede

O alumnado e profesorado do IES San Mamede celebrou a chegada do Entroido cunha competición de xogos tradicionais e un concurso de disfraces.

Bono Deporte

A Xunta de Galicia puxo en marcha o “Bono Deporte”. O alumnado que participa no programa XOGADE na vixente tempada, poderá solicitalo.

Festival de Nadal no IES San Mamede

O xoves 21 de decembro celebrouse o festival de Nadal do IES San Mamede. O alumnado realizou diversas actuación artístico-musicais, entre outras.

Cros en Monterrei. Plan XOGADE

O venres 17 de novembro de 2023, celebrouse, en Monterei, o comarcal do Cros do Plan XOGADE.
O alumnado do primeiro ciclo da ESO do IES San Mamede, practicou deporte na presenza de estudantado doutros centros da comarca.

Magosto, fútbol, xogos tradicionais e máis

O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no IES San Mamede. O alumnado gozou dun petisco, acompañado de música, xogos e outras actividades, como a gran final do torneo de fútbol.