Vida Activa e Deportiva

Pump-track en Monterrei

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º ESO do IES San Mamede participou na actividade de promoción, do plan XOGADE, no pump-track de Monterrei.

De 10:00h. a 12:00h o alumnado coñeceu a modalidade pump-track e iniciouse na súa práctica, demostrando a súa habilidade na bicicleta.

O Departamento de Educación Física pretende fomentar a práctica deportiva entre o alumnado e que este poida coñecer e practicar unha gran cantidade de modalidades deportivas, promovendo o tempo de lecer activo e saudable.

Desde o Departamento queremos felicitar ao alumnado participante na actividade.

A vida activa e deportiva continúa no IES San Mamede!

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión