Secretaría

Matrícula ESO e Bacharelato – curso 2025/2026

Proceso de matriculación para o vindeiro curso 2025-2026:

A continuación, ao longo das distintas seccións desta páxina web, móstrase a seguinte información:

  • Tipos de matrícula
  • Oferta educativa por cursos
  • Descarga dos impresos de matrícula para alumnado de nova incorporación
  • Pago de taxas

Tipo de matrícula:

O impreso de matrícula, xunto coa documentación requirida indicada na primeira páxina, deberá entregarse na Secretaría do IES San Mamede. A data límite de entrega é o luns 7 de xullo.

  • Alumnado xa matriculado no IES San Mamede no curso 24/25: Entregaráselle un impreso de matrícula personalizado, xa cuberto cos datos persoais dos que dispoñemos e coa configuración de materias proposta segundo a información recollida na súa prematrícula.
  • Alumnado que se matricula por primeira vez no centro: Deberá cubrir o impreso de matrícula xenérico, que pode descargarse desde esta mesma páxina ou recollerse na secretaría. 

O alumnado poderá realizar a matrícula de forma telemática a través da aplicación Admisión Alumnado da Xunta de Galicia, no período comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de xullo.

Para iso, é imprescindible contar cunha Chave 365 ou un certificado dixital.

É moi importante ter en conta, antes de formalizar a matrícula, a oferta educativa e os itinerarios dispoñibles no IES San Mamede, así como as materias escollidas na prematrícula polo propio alumno/a (no caso do alumnado xa matriculado no centro). O sistema permite facer combinacións de materias que non se ofertan no noso centro, polo que se recomenda revisar detidamente a oferta educativa que se pode consultar máis abaixo nesta mesma páxina.

Oferta educativa:

A continuación podedes consultar a oferta educativa do IES San Mamede para o curso 2025/2026.
É moi importante ter en conta esta información, especialmente no caso do alumnado que opte por realizar a matrícula en liña, para escoller correctamente as materias ofertadas polo centro.

Impresos de matrícula:

O alumnado que non estea matriculado no IES San Mamede no presente curso pode descargar desde aquí os impresos de matrícula presencial, ou ben solicitalos presencialmente na secretaría do centro:

Pago de taxas:

O pago dos importes establecidos para cada curso deberá realizarse de forma presencial na secretaría do centro, independentemente de que a matrícula se realice en liña ou de maneira presencial.

O pago poderá realizarse na secretaría do centro ata unha semana despois do inicio do curso escolar.

Deberá aboarse un importe de 5,50 €, correspondentes a:

  • Axenda escolar: 3,00 €
  • Alugueiro de gabetas: 2,00 €
  • Gastos de matrícula: 0,50 €

Deberá aboarse un importe de 3,50 €, correspondentes a:

  • Axenda escolar: 3,00 €
  • Gastos de matrícula: 0,50 €

Deberá aboarse un importe de 4,50 €, correspondentes a:

  • Axenda escolar: 3,00 €
  • Seguro escolar: 1,12€
  • Gastos de matrícula: 0,38 €

Deberá aboarse un importe de 4,50 €, correspondentes a:

  • Axenda escolar: 3,00 €
  • Seguro escolar: 1,12€
  • Gastos de matrícula: 0,38 €

Deberá aboarse un importe de 4,50 €, correspondentes a:

  • Axenda escolar: 3,00 €
  • Seguro escolar: 1,12€
  • Gastos de matrícula: 0,38 €
Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión