O venres 10 de novembro celebrouse o magosto do IES San Mamede.
Ás 12:30h. transcorreu a gran final do torneo de fútbol do presente curso académico, desenvolto durante os recreos das primeiras semanas de novembro e organizado polo alumnado de 4º ESO coa colaboración do Departamento de Educación Física. Durante case unha hora de partido, a afección non parou de animar a ambos equipos. Finalmente, e tras un axustado 4 – 4 no marcador final, o equipo de 1º de BAC conseguiu a vitoria do partido nos penaltis. Desde o Departamento de Educación Física e desde o centro educativo, queremos felicitar aos gañadores, aos segundos clasificados, e a todo o alumnado participante, xa que sen a súa presenza isto non sería posible.
Posteriormente o alumnado gozou dun pequeno petisco característico desta festa popular, acompañado de música, xogos tradicionais e outras actividades deportivas. Seguiremos fomentando hábitos saudables en vindeiras ocasións.
Finalmente, queremos agradecer ao alumnado de 4º de ESO, que organizou este magosto co obxectivo de axudar o financiamento da excursión á Andorra, que terá lugar ao final do segundo trimestre.