Vida Activa e Deportiva

Festival de Nadal no IES San Mamede

O xoves 21 de decembro, celebramos o festival de Nadal do IES San Mamede. Desde diferentes departamentos didácticos, como o de Música e Inglés, o grupo de teatro e as titorías, o alumnado preparou as súas actuacións para despedir este trimestre e dar a benvida a estas festas.

Desde o departamento de Educación Física, traballouse e presentouse co alumnado de 1º ESO e 1º BAC unhas pequenas coreografías musicais. Así mesmo, por iniciativa de pequenos grupos de alumnado, a estas, tamén se lles sumou outras grandes actuacións musicais.

O centro educativo busca promover a actividade físico-deportiva entre o alumnado, e gustounos moito ver como as persoas traballan ese hábito deportivo, esta vez, a través das actividades artístico-expresivas. Grazas pola vosa participación.

A vida activa e deportiva continúa no IES San Mamede.

Desexámosvos felices festas!

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión