Vida Activa e Deportiva

Campionato Escolar Provincial de Orientación no Aguillón (A Rúa)

O mércores 6 de marzo de 2024, celebrouse o Campionato Escolar Provincial de Ourense de Orientación 2024, enmarcado no programa de Actividade Deportiva Escolar (Plan XOGADE). A organización estivo a cargo do Servizo Provincial de Deportes de Ourense (Secretaría Xeral para o Deporte) da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Orientación, coa colaboración do Concello de A Rúa, a A.D. Limiactiva e o Club Peña Trevinca Barco.

O alumnado de 3º da ESO do IES San Mamede, desprazouse ata a área recreativa do Aguillón, na Rúa de Valdeorras, e iniciouse na práctica deste deporte na presenza de estudantado doutros centros educativos da comarca.

O centro educativo levou un total de catro equipos na categoría cadete (dous femininos e dous masculinos).

O Departamento de Educación Física quere felicitar a todas as persoas participantes pola súa involucración na actividade.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión