Secretaría

Admisión e matrícula FP – Ciclos Medio e Superior

Axuda no proceso de admisión

O venres 27 de xuño habilitaremos unha aula informática para todas as persoas que desexen realizar o proceso de admisión. O noso orientador, Luis, estará presente para prestar apoio e resolver calquera dúbida.

Alumnado de 1º - Repetidor

O alumnado de 1º de SMR ou 1º DAM que repita debe solicitar admisión de novo, como calquera outra persoa que queira acceder a un ciclo.

Alumnado de 1º que promociona a 2º

O alumnado de 1º que promocione a 2º curso deberá matricularse directamente o día 24, sen necesidade de facer o proceso de admisión.

A Xunta de Galicia publicou as instrucións para o proceso de admisión nos ciclos formativos de grao medio e superior en réxime ordinario para o curso 2025-2026. Estas son as principais claves:

 

  • Prazo de solicitudes: do 16 de xuño ás 9:00 h ao 2 de xullo ás 13:00 h. O alumnado que remate ESO ou FP en xuño poderá solicitalo desde o 23 de xuño.

  • Resolución provisional: 8 de xullo.

  • Resolución definitiva e matrícula (1ª adxudicación): 15 de xullo. Matrícula do 15 ao 18 de xullo.

  • Matrícula (2ª adxudicación): 22 de xullo. Matrícula ata o 24 de xullo.

  • Matrícula (3ª adxudicación): 29 de xullo. Matrícula ata o 31 de xullo.

  • Adxudicacións continuadas e prazas liberadas: do 1 ao 26 de setembro.

  • Faise a través da aplicación web: 👉 https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

  • Pode solicitarse ata 4 opcións de ciclo, centro e quenda por cada grao.

  • A documentación achegarase de xeito telemático, salvo que a aplicación indique que é necesario entregala nun centro educativo.

Información Importante

Unha vez que se obtén praza nun ciclo formativo de grao medio ou superior (por adxudicación ou en prazas liberadas), é obrigatorio formalizar a matrícula no prazo establecido. 

Formalización de matrícula

Unha vez que se obtén praza nun ciclo formativo de grao medio ou superior (por adxudicación ou en prazas liberadas), é obrigatorio formalizar a matrícula no prazo establecido. Existen dúas formas principais de facelo:

Atras

📌 Onde facer a matrícula

A matrícula faise presencialmente no centro ou na aplicación web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ .

🟠 Sobre as prazas liberadas

As prazas que queden vacantes tras as adxudicacións serán liberadas progresivamente. O alumnado que cumpra os requisitos poderá matricularse por orde de chegada, sempre que presente a documentación no centro.

📅 Lembra os prazos!

A matrícula debe realizarse dentro do prazo correspondente a cada adxudicación:

  • 📌 1ª adxudicación: do 15 ao 18 de xullo

  • 📌 2ª adxudicación: do 22 ao 24 de xullo

  • 📌 3ª adxudicación: do 29 ao 31 de xullo

  • 📌 Prazas liberadas: ata o 26 de setembro

  •  As persoas xa matriculadas en ESO, Bacharelato ou FP (incluída FCT) non poden participar, agás en caso de matrícula simultánea.

  • A nota media do expediente influirá na orde de adxudicación cando haxa máis solicitudes que prazas.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión