Vida Activa e Deportiva

Bono Deporte

A Xunta de Galicia puxo en marcha o “Bono Deporte”, co obxectivo de axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos federados ou rexistrados no programa Xogade e fomentar, consecuentemente, tamén a práctica do deporte en idade escolar na Comunidade Autónoma.

Para solicitalo é necesario que o/a deportista teña licenza federativa ou participe no programa XOGADE (Deporte Escolar) na vixente tempada. Neste curso participamos no Cros en Monterrei no primeiro trimestre.

Se desexades solicitar o bono ou tedes dúbidas, podedes chamar ao centro ou poñervos en contacto co profesor de Educación Física, para que vos facilite o identificador do programa XOGADE, imprescindible para facer a solicitude.

Para máis información podedes acceder á seguinte ligazón: https://www.bonodeporte.gal/

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión