O venres 9 de febreiro celebrouse o festival do Entroido no centro educativo.
O alumnado e o profesorado participou nunha xornada do xogo do “tiro da corda”, unha manifestación tradicional que tivo gran aceptación durante as dúas últimas sesións da mañá. Participou todo o alumnado do centro dividido por clases.
Finalmente, desenvolveuse o concurso de disfraces no que algúns dos grupos presentaron as súas coreografías.
Xogos tradicionais, música, bailes… A vida activa e deportiva continúa no IES San Mamede!
Desde o centro queremos agradecer a participación do alumnado nesta celebración. Desexámosvos a todos e todas un feliz Entroido.