O 1 de marzo, o alumnado de 2º ESO participou nunha videoconferencia impulsada por Afundación Obra Social Abanca.
O noso alumnado tivo a oportunidade de escoitar a ponente Susana Rodríguez Gacio, unha médica e deportista galega. Susana ten unha discapacidade que lle afecta o nervio óptico e acaba de recibir o Premio Nacional de Deporte xunto con Carlos Alcaraz. No seu palmarés destaca o seu ouro nos Xogos Paraolimpicos de Tokio 2020.
No presente curso académico (2023-2024), o centro educativo conmemora explicitamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o Departamento de Matemáticas e Educación Física organizamos esta actividade que se suman ás outras promovidas por outros Departamentos Didácticos.
Esta conferencia entra dentro do grupo de conferencias sobre motivación e diversidade como sinónimo de excepcionalidade. Nun mundo onde a saúde mental está na primeira liña das preocupacións, Susana Rodríguez é toda unha inspiración.
Podes atopar máis información sobre Susana en susanarg.com/