Admisión e matrícula FP – Ciclos Medio e Superior

A Xunta de Galicia publicou as instrucións para o proceso de admisión nos ciclos formativos de grao medio e superior en réxime ordinario para o curso 2025-2026. Aquí podes ver as principais claves.
Matrícula ESO e Bacharelato – curso 2025/2026

Información sobre o proceso de matrícula para ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 25/26
Obradoiros de apoio e asesoramento familiar – Concello de Paderne de Allariz

O concello de Paderne de Allariz organiza os obradoiros de apoio e asesoramento familiar “Educando Fermoso”. Comezan o 26 de abril.
Avaliación de diagnóstico

En cumprimento da normativa educativa estatal, este curso realizaranse as probas da Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 2.º de ESO en todas as comunidades autónomas. En Galicia, están programadas para os días 28, 29 e 30 de abril de 2025.
XVI concurso literario de relato curto e poesía “João de Nóvoa”

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES SAN MAMEDE de Maceda convoca o XVI CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO e POESÍA “João de Nóvoa” dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos e da área de influencia.
Comunicación conxunta ás familias sobre disciplina e convivencia no centro

Comunicación conxunta do claustro de profesorado, das representantes de nais e pais no consello escolar e da directiva da ANPA dirixida ás familias, coa finalidade de lembrar a importancia do respecto ás Normas de Organización e Funcionamento do centro e de fomentar a colaboración entre todos os axentes educativos para preservar o bo clima de convivencia e o funcionamento adecuado da vida escolar.
Convocadas as becas para estudos postobrigatorios 2025-2026

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as becas xerais para o curso 2025-2026, dirixidas ao alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias.
Prematrículas curso 25/26

Xa están dispoñibles as prematrículas para o vindeiro curso 2025-2026 que se encherán online. Data límite de entrega: venres 11 de abril.
Admisión – Prazas vacantes curso 25/26

Unha vez realizadas todas as reservas de praza procedentes dos nosos centros adscritos, foron admitidas todas as solicitudes de reserva de praza para o curso 2025/2026.
Neste artigo tamén poderás ver a listaxe de vacantes para o vindeiro curso.
O IES San Mamede introduce as Apple Vision Pro na aula de innovación

No noso compromiso constante coa innovación e coa introdución de novas tecnoloxías para mellorar a aprendizaxe, temos o pracer de anunciar que o IES San Mamede conta agora cunhas Apple Vision Pro, as lentes de realidade mixta máis avanzadas do mercado