O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES SAN MAMEDE de Maceda convoca o XVI CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO e POESÍA “João de Nóvoa” dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos e da área de influencia.
A entrega de premios terá lugar durante a xornada de acollida ou, en caso de non asistir, o premio será enviado ao centro do alumnado gañador.
Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto coa coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no teléfono 988 788 561.
