En cumprimento da normativa educativa estatal, este curso realizaranse as probas da Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 2.º de ESO en todas as comunidades autónomas.
En Galicia, están programadas para os días 28, 29 e 30 de abril de 2025.
É unha avaliación do sistema educativo, non do alumnado, establecida pola lei estatal.
O seu obxectivo é mellorar a calidade e equidade da educación mediante a análise das competencias adquiridas polo alumnado.
- Non xera cualificacións nin datos individuais.
- Non se incorpora ao expediente.
- Non ten efectos académicos.
A todo o alumnado de 2.º ESO
