Último día de clase
- O último día de clase será este venres 20, agás para o alumnado de 3º e 4º da ESO, que non ten a obrigación de asistir ese día e poderá rematar o curso o xoves 19.
- O transporte escolar funcionará con normalidade
O alumnado da ESO deberá devolver todos os libros do fondo de préstamo. O alumnado traerá os libros nunha bolsa co seu nome e quedarán na aula sobre a mesa do profesorado.
Tamén se procederá a facer a recollida e limpeza da aula de referencia
Venres 20 de xuñoEntrega de notas
O alumnado deberá acudir presencialmente ao centro o martes 24 ás 10:00
- A publicación de notas en Abalar será ese mesmo martes 24 ás 10:00
- Ese día non haberá transporte escolar.
- Entregarase a matrícula para o vindeiro curso
Solicitude de títulos de FP
Para alumnado de 2º SMR e 2º DAM:
- Unha vez entregadas as notas, ese mesmo día, aquel alumnado que superase xa as prácticas en empresas (FCT) deberán acudir á oficina de Abanca de Maceda para pagar as taxas do título.
- Posteriormente, subirán de novo ao centro co xustificante de pago e lles daremos un certificado académico
- Ese mesmo día, comeza a admisión para FP (CM e CS), polo que o alumnado será informado dos pasos necesarios para acceder a un ciclo formativo.