Profes, entramos na última semana do curso! Deixámosvos aquí a información relevante para estes últimos días. Premede nas tres pestanas para consultar os detalles:

Lembrade que as cualificacións se entregarán exclusivamente a través de Abalar. O profesorado titor só entregará en formato físico os sobres de matrícula para o vindeiro curso.

Aquí tedes a información por cursos:

Último día de clases:

O venres 20 de xuño será o último día lectivo. Antes dese día:

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.
  • Recollida de libros: Supervisar que todo o alumnado con libros en préstamo, os deixen metidos nunha bolsa co seu nome na súa gabeta da aula.
    • Cada titor/a tedes a listaxe de alumnado e libros na vosa propia gabeta na sala de profesorado.
    • É importante que todos os libros de cada alumno/a estean correctamente identificadas co seu nome.
  • Supervisar que o alumnado deixe as chaves da súa gabeta. Apuntar o nome do alumnado que non deixe a chave.

Publicación de notas en Abalar e entrega presencial de matrículas:

  • Martes 24 10:00h.
  • Non se imprimen os boletíns. As cualificacións entregaranse mediante Abalar.
  • Recoller os libros de alumnado que esquecera traelos ese día.
  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases:

O xoves 19 de xuño será o último día lectivo con asistencia obrigatoria para o alumnado de 3º da ESO, xa que o venres non teñen obriga de asistir ao centro.

Antes dese día: 

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.
  • Recollida de libros: Supervisar que todo o alumnado con libros en préstamo, os deixen metidos nunha bolsa co seu nome na súa gabeta da aula.
    • Cada titor/a tedes a listaxe de alumnado e libros na vosa propia gabeta na sala de profesorado.
    • É importante que todos os libros de cada alumno/a estean correctamente identificadas co seu nome.
  • Supervisar que o alumnado deixe as chaves da súa gabeta. Apuntar o nome do alumnado que non deixe a chave.

Publicación de notas en Abalar e entrega presencial de matrículas:

  • Martes 24 10:00h.
  • Non se imprimen os boletíns. As cualificacións entregaranse mediante Abalar.
  • Recoller os libros de alumnado que esquecera traelos ese día.
  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases:

O xoves 19 de xuño será o último día lectivo con asistencia obrigatoria para o alumnado de 4º da ESO, xa que o venres non teñen obriga de asistir ao centro.

Antes dese día:

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.
  • Recollida de libros: Supervisar que todo o alumnado con libros en préstamo, os deixen metidos nunha bolsa co seu nome na súa gabeta da aula.
    • Cada titor/a tedes a listaxe de alumnado e libros na vosa propia gabeta na sala de profesorado.
    • É importante que todos os libros de cada alumno/a estean correctamente identificadas co seu nome.
  • Supervisar que o alumnado deixe as chaves da súa gabeta. Apuntar o nome do alumnado que non deixe a chave.

Publicación de notas en Abalar e entrega presencial de matrículas:

  • Martes 24 10:00h.
  • Non se imprimen os boletíns. As cualificacións entregaranse mediante Abalar.
  • Recoller os libros de alumnado que esquecera traelos ese día.
  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.
  • Informar a todo o alumnado que desexe acceder a un Ciclo Formativo de Grado Medio que é necesario facer a admisión por Internet. Todo aquel alumnado que o desexe, o vindeiro venres día 27 unha aula de informática estará  a súa disposición para facer a admisión de FP, estando presentes Director e Orientador para resolver as dúbidas.

Último día de clases:

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.
  • Supervisar que o alumnado deixe as chaves da súa gabeta. Apuntar o nome do alumnado que non deixe a chave.

Publicación de notas en Abalar e entrega presencial de matrículas:

  • Martes 24 10:00h.
  • Non se imprimen os boletíns. As cualificacións entregaranse mediante Abalar.
  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases:

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.

Publicación de notas en Abalar e entrega presencial de matrículas:

  • Martes 24 10:00h.
  • Non se imprimen os boletíns. As cualificacións entregaranse mediante Abalar.
  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.

Entrega de notas

Martes 24 10:00h. As cualificacións publicaranse mediante Abalar, pero o alumnado debe acudir ao centro para o seguinte:

Alumnado que titulou

  • Para todo o alumnado que desexe acceder a un ciclo medio é necesario e imprescindible facer a admisión por Internet.
  • Unha vez feita a admisión é necesario facer a matrícula no centro asignado. Se son admitidos neste centro e para non ter que vir presencialmente en xullo, poden encher a matrícula en Secretaría e xa lla tramitamos nos no caso de que sexan admitidos.
  • OLLO! O proceso de admisión por Internet é obrigatorio facelo de xeito individual, independientemente de que posteriormente se lle tramite a matrícula dende o propio centro.
  • Todo aquel alumnado que o desexe, o vindeiro venres día 27 unha aula de informática estará  a súa disposición para facer a admisión de FP, estando presentes Director e Orientador para resolver as dúbidas.

Alumnado pendente coa FCT

  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.

Entrega de notas

Martes 24 10:00h. As cualificacións publicaranse mediante Abalar, pero o alumnado debe acudir ao centro para o seguinte:

Alumnado repetidor

  • Para todo o alumnado que desexe repetir é necesario e imprescindible facer a admisión por Internet.
  • Unha vez feita a admisión é necesario facer a matrícula no centro asignado. Se son admitidos neste centro e para non ter que vir presencialmente en xullo, poden encher a matrícula en Secretaría e xa lla tramitamos nos no caso de que sexan admitidos.
  • OLLO! O proceso de admisión por Internet é obrigatorio facelo de xeito individual, independientemente de que posteriormente se lle tramite a matrícula dende o propio centro.
  • Todo aquel alumnado que o desexe, o vindeiro venres día 27 unha aula de informática estará  a súa disposición para facer a admisión de FP, estando presentes Director e Orientador para resolver as dúbidas.

Alumnado que promociona a 2º

  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.

Último día de clases

  • Supervisar a limpeza da aula por parte do alumnado.

Entrega de notas

Martes 24 10:00h. As cualificacións publicaranse mediante Abalar, pero o alumnado debe acudir ao centro para o seguinte:

Alumnado que titulou

  • Unha vez entregadas as notas, ese mesmo día, aquel alumnado que superase xa as prácticas en empresas (FCT) deberán acudir á oficina de Abanca de Maceda para pagar as taxas do título.
  • Posteriormente, subirán de novo ao centro co xustificante de pago e lles daremos un certificado académico

Alumnado pendente coa FCT

  • Entregar a matrícula personalizada ao alumnado.
  • Xestionar a asignación de empresas da FCT ao alumnado para setembro/marzo.

Para aqueles que desexan acceder a un Ciclo Superior

  • Para todo o alumnado que desexe acceder a un ciclo superior é necesario e imprescindible facer a admisión por Internet.
  • Unha vez feita a admisión é necesario facer a matrícula no centro asignado. Se son admitidos neste centro e para non ter que vir presencialmente en xullo, poden encher a matrícula en Secretaría e xa lla tramitamos nos no caso de que sexan admitidos.
  • OLLO! O proceso de admisión por Internet é obrigatorio facelo de xeito individual, independientemente de que posteriormente se lle tramite a matrícula dende o propio centro.
  • Todo aquel alumnado que o desexe, o vindeiro venres día 27 unha aula de informática estará  a súa disposición para facer a admisión de FP, estando presentes Director e Orientador para resolver as dúbidas.

Aquí tedes información das avaliacións e período de reclamacións:

As avaliacións realizaranse de xeito presencial o luns 23 de xuño nas aulas de 1º ESO.  As horas de comezo son aproximadas.

IMPORTANTE: As cualificacións deben estar en Xade a tarde anterior á avaliación para poder imprimir actas a primeira hora da mañá.

As reclamacións son do días 24 e 25 de xuño. 

Todo o profesorado estaremos no Centro para atender as posibles reclamacións




Con respecto ás memorias fin de curso:

Biblioteca, EDLG, Informática e Orientación:

Biblioteca, EDLG, Informática e Orientación seguiredes o modelo utilizado no curso pasado.

A memoria do departamento de Informática está dispoñible en formato editable en Google Drive, no cartafol Documentos Internos → Memorias Departamentos. Parte da versión elaborada o curso anterior.

As memorias es tedes as xefas/xefes do resto dos departamentos. Se preferides partir dun modelo en branco, podedes solicitalo en Dirección ou en Xefatura de Estudos.

Unha vez rematada, deixade unha copia da memoria en formato pdf no cartafol Documentos Internos → Memorias Departamentos.

Resto de departamentos/materias:

As xefas e xefes de departamento (o resto do profesorado non ten permisos) serán os responsables de cubrir a memoria na aplicación PROENS.

É imprescindible que, previamente, todo o profesorado teña completados os seguimentos finais en PROENS.

Para elaborar a memoria, seguide estes pasos:

  1. Accedede á aplicación PROENS e premede en “Memoria final de departamento/ciclo” no menú principal.

  2. Só é necesario cubrir unha única memoria para ESO e Bacharelato.

  3. Unha vez rematada, pechade a memoria e xerade o informe xeral.

  4. Descargade o informe (lembrade cambiarlle o nome co do voso departamento) e gardádeo no cartafol:

    Google Drive → Documentos Internos → Memorias Departamentos.

Xoves 26 de xuño:

  • 10:00 – Sinatura de actas
  • 11:00 – Claustro de fin de curso
  • 12:30 – Consello Escolar
  • Comida fin de curso
Comparte a páxina nas redes