Blogue do Dpto. De Informática

Hackeo dunha máquina arcade

Alumnado do centro organizados polo profesor Jorge Montes, do Departamentos de Informática e María Ester Iglesias, do Departamento de Debuxo, realizaron, durante este curso 2022/2023,  un proxecto STEM onde parte do traballo realizado se pode consultar na seguinte web.

Neste emocionante proxecto STEM os equipos enfrontaronse ao desafío de hackear un botón dunha máquina arcade, previamente creada polo talentoso alumnado de 2º de Formación Profesional Básica do curso 2021/2022. Pódese consultar o proxecto na seguinte ligazón.

Os grupos, conformados por estudantes de 4º de ESO, asumiron a tarefa de deseñar o soporte do lector de tarxetas RFID, unha tecnoloxía clave na interacción coa máquina arcade. Utilizando as súas habilidades, o alumnado creou un deseño innovador e funcional que encaixa perfectamente co proxecto.

Mentres tanto, o equipo de 2º de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina empregou ferramentas para dixitalizar o deseño e unha impresora 3D para imprimir a peza resultante. Con precisión e destreza, adaptaron a peza e levaron a cabo a montaxe e ensamblaxe do proxecto na súa forma física.

A través da páxina web, queren compartir contigo a experiencia e coñecementos sobre este fascinante proxecto.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión

Search

Contidos do blogue