Vida Activa e Deportiva

Bádminton intercentros

O pasado mércores, día 28 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro desprazouse ata as instalacións do colexio Miraflores para participar nunha xornada de convivencia enmarcada no Plan XOGADE. Ao longo da actividade, o alumnado puido experimentar de primeira man os valores asociados á práctica deportiva, destacando polo seu compañeirismo, respecto e actitude positiva cara ao resto dos participantes, pertencentes a diferentes equipos e centros educativos.

Esta xornada serviu tamén para a aprendizaxe de novos conceptos relacionados co deporte practicado e co desenvolvemento da competición. Cómpre salientar o excelente ambiente xerado durante toda a actividade, así como o comportamento exemplar amosado polo alumnado desde a saída do centro ata o seu regreso.

Desde o IES San Mamede seguiremos promovendo e participando neste tipo de iniciativas, que contribúen á formación integral do noso alumnado, con distintos cursos ao longo do curso escolar.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *