Vida Activa e Deportiva

Viaxe á neve: unha experiencia educativa e de convivencia en Andorra

O noso alumnado gozou dunha semana inesquecible en Andorra, na que se cumpriron amplamente as expectativas tanto a nivel deportivo como persoal.

Durante a estancia, tivemos a oportunidade de compartir actividades co Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Esta convivencia resultou moi enriquecedora, permitindo establecer vínculos entre alumnado e profesorado de ambos centros, así como compartir experiencias e aprendizaxes nun contexto diferente ao habitual.

A chegada ao destino produciuse arredor das doce do mediodía, momento no que o grupo se instalou no hotel e recolleu o material necesario para o desenvolvemento da actividade principal da viaxe: o esquí. Ao longo dos días, seguiuse unha organización estruturada que combinaba formación técnica nas pistas, con monitores especializados, e tempo libre para a práctica autónoma e o desfrute do contorno.

Cómpre destacar a implicación do profesorado acompañante, en especial a colaboración do profesor de Bioloxía, Marcos, quen contribuíu de maneira significativa á mellora do nivel de esquí do alumnado durante as sesións de práctica libre.

Ademais das actividades deportivas, o programa incluíu unha sesión nocturna no balneario de Caldea, onde o alumnado puido relaxarse e recuperar forzas, favorecendo así o benestar físico e emocional durante a semana.

Desde o centro queremos salientar o excelente comportamento dos 15 alumnos participantes, que demostraron responsabilidade, respecto e unha actitude exemplar en todo momento. Así mesmo, agradecemos ás súas familias o labor educativo realizado, fundamental para o correcto desenvolvemento desta experiencia.

Esta viaxe supuxo unha oportunidade única para fomentar a autonomía, a convivencia e o aprendizaxe nun contexto diferente, deixando unha lembranza moi positiva tanto no alumnado como no profesorado acompañante.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *