Vida Activa e Deportiva

XOGOS TRADICIONAIS

Os luns días 23/02 e 02/03 tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de persoal do CCP Xaquín Lorenzo, que quixeron achegar ao noso alumnado de 1º de ESO diversos aspectos da nosa cultura: diferentes verbas, tradicións propias e, sobre todo, algúns dos nosos xogos populares que se transmiten de xeración en xeración, como é o caso da billarda e da porca.

Queremos aproveitar tamén para agradecer especialmente a Lito a súa colaboración, así como a súa capacidade para facer destas dúas sesións encontros moi amenos e divertidos. Grazas a el, puidemos gozar e participar activamente nas diferentes actividades propostas, desfrutando delas como auténticos cativos.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *