Vida Activa e Deportiva

Xogos populares e tradicionais no IES San Mamede

No mes de febreiro o alumnado de 1º da ESO do IES San Mamede, realizou unha serie de Obradoiros de Xogos Populares e Tradicionais impartidos polo CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense.

O traballo dos xogos populares e tradicionais na Educación Física é fundamental porque permite preservar a cultura e as tradicións locais, ao mesmo tempo que favorece o desenvolvemento motor, a cooperación e a interacción social. Estes xogos fomentan habilidades físicas como a coordinación e o equilibrio, e promoven valores como o respecto, a solidariedade e o traballo en equipo. Ademais, son actividades accesibles e divertidas que motivan ao alumnado para participar na actividade física, estimulando a súa creatividade e creando un vínculo interxeracional que fortalece a comunidade.

Na semana do 10 de febreiro tiveron a oportunidade de xogar aos bolos e a birolla, mentres que na vindeira semana coñecerán outros xogos como a billarda.

A vida activa continúa no IES San Mamede!

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión