Vida Activa e Deportiva

Torneo do magosto 2025

Damos inicio ás actividades deportivas deste curso 2025/2026 coa celebración do torneo de fútbol sala en conmemoración do Magosto. Este torneo estivo dirixido polo alumnado de 4º da ESO, que organizou un cadro feminino e outro masculino, disputándose nos recreos, ao longo de varias semanas, todos os partidos necesarios ata chegar ás grandes finais. Tanto a final masculina como a feminina tiveron lugar o día 14 de novembro, coincidindo coa degustación dun delicioso menú elaborado tamén polo alumnado de 4º.

Para concluír esta publicación, gustaríanos felicitar tanto ao alumnado organizador como a todas as persoas participantes polo excelente ambiente de deportividade vivido ao longo de toda a semana.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión