Vida activa e primeiros auxilios

Durante o mes de xaneiro impartíronse no noso instituto unhas charlas teórico-prácticas sobre primeiros auxilios, co obxectivo de garantir o máximo rigor e manter unha formación o máis actualizada posible neste ámbito. Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración do persoal da Cruz Vermella de Maceda. O principal obxectivo destas sesións foi concienciar o alumnado […]
Observa_Acción: Reflexións logo da primeira fase

O equipo de profesorado participante no programa “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais” desenvolveu unha infografía onde reflexiona sobre a primeira fase do programa.
Observa_Acción: Boas prácticas docentes

O equipo de profesorado participante no programa “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais” desenvolveu a seguinte infografía onde intenta reflectir unha serie de boas prácticas docentes.
Observa_Acción

O noso centro está entre os elexidos para participar no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais” durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
OpenWebinars

O noso centro chegou un acordo con OpenWebinars, á maior plataforma de formación IT en español, de xeito que somos un dos centros que se benefician do acceso gratuíto á plataforma.