O alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES San Mamede, gozou a finais do segundo trimestre dunha semana protagonizada pola práctica do esquí.
A noite do 16 de marzo, iniciamos a nosa viaxe cara a Andorra cun total de 34 estudantes, acompañados de dous profesores. Tras a práctica de 5 días seguidos de esquí no sector Soldeu-O Tarter da estación de esquí de Grandvalira, puxemos rumbo de novo cara a Maceda o venres 22 de marzo.
Gran parte do alumnado iniciouse na práctica do esquí nesa semana, sendo uns dos seus principais retos aprender a esquiar. O alumnado de 1º BAC, que xa asistiu o ano pasado, tivo a oportunidade de perfeccionar as súas habilidades nunha estación diferente á do ano pasado.
Desde o Departamento de Educación Física, buscamos promover diferentes prácticas deportivas. Neste sentido, consideramos esta experiencia, unha magnífica oportunidade para iniciarse na práctica de actividades invernais de montaña.
Ademais da actividade deportiva, tamén tiveron tempo para coñecer o centro de Andorra e relaxarse no famoso spa de Caldea.
Desde o Departamento tamén queremos agradecer tanto ao alumnado participante pola súa implicación como ao profesorado acompañante, xa que sen a súa axuda, isto non sería posible.
A vida activa e deportiva continúa no IES San Mamede!