Vida Activa e Deportiva

Semana branca en Andorra (2025)

Outro ano máis, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES San Mamede, gozou dunha semana protoganizada pola práctica do esquí.

O grupo formado por 24 estudantes e 2 profesores, iniciamos a nosa viaxe o domingo 16 de marzo á noite e chegamos a Andorra ao mediodía para recoller o material, xantar e acomodarnos no hotel.

De luns a venres, iniciámonos/perfeccionamos a nosa habilidade de esquí alpino no sector Soldeu-O Tarter-Canillo da estación de esquí de Grandvalira. Seguemos sempre a mesma rutina de almorzo, clases de esquí con monitores/as especializados, práctica libre de esquí, xantar, práctica libre de esquí, tempo de lecer, cea e descanso.

Desde o Departamento de Educación Física, buscamos promover diferentes prácticas deportivas. Neste sentido, consideramos esta experiencia, unha magnífica oportunidade para iniciarse na práctica de actividades invernais de montaña.

Ademais da actividade deportiva, tamén tiveron tempo para coñecer o centro de Andorra e relaxarse no famoso spa de Caldea.

Desde o Departamento de Educación Física tamén queremos agradecer tanto ao alumnado participante pola súa implicación como ao profesorado acompañante, xa que sen a súa axuda, isto non sería posible.

A vida activa e deportiva continúa no IES San Mamede!

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión