Durante a semana do 31 de marzo de 2025, o alumnado de toda a ESO e de 1º de bacharelato aprendeu/mecanizou o soporte vital básico nas sesións de Educación Física.
O ensino de primeiros auxilios é crucial porque prepara ao estudantado para responder adecuadamente ante emerxencias, o que pode garantir, ou non, a supervivencia. Ademais, fomenta valores como a responsabilidade, a empatía e o liderado, mentres aumenta a autonomía e confianza do alumnado ao saber como actuar en situacións críticas. Tamén promove a prevención de accidentes, contribuíndo a unha contorna máis segura tanto no propio centro educativo como na comunidade, e proporciónalles unha habilidade valiosa que poderán utilizar ao longo da súa vida.
Estes contidos lémbranse durante todos os cursos na materia, pero esta vez tiveron a oportunidade de valorar a RCP (reanimación cardiopulmonar) empregando manequíns conectados a dispositivos electrónicos que establecen unha serie de medicións para valorar a eficacia das técnicas, fomentando o sentido crítico do alumnado.
Así mesmo, vivenciaron o uso dun DESA (desfibrilador externo semiautomático) e lembraron as manobras de actuación ante unha obstrución da vía aérea por un corpo estraño (atragoamento).



