Vida Activa e Deportiva

Piragüismo dragóns

O mércores o alumnado de 1º ESO e 2º ESO desprazouse ao encoro de Castrelo de Miño para practicar piragüismo dragóns.

O piragüismo dragóns é un deporte no que un grupo de persoas reman nun bote longo. O bote ten moitos asentos, e cada persoa usa un remo para movelo cara a adiante. Todos teñen que remar ao mesmo tempo para que o bote móvase rápido, coma se fosen un só equipo.

Foi unha magnífica oportunidade para que o alumnado practicase un deporte náutico, que pola propia natureza da actividade non se adoita traballar nas sesións de Educación Física.

Desde a materia, preténdese que o alumnado constrúa unha base motriz ampla, acumulando o maior número de experiencias deportivas.

Finalmente, o Departamento de Educación Física quere agradecer a Secretaría Xeral para o Deporte e ao Pan XOGADE por facilitar este tipo de iniciativas.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión