Vida Activa e Deportiva

Orientación deportiva en Cenlle (XOGADE)

O xoves 13 de marzo de 2025, celebrouse o Campionato Escolar Provincial de Ourense de Orientación 2025, enmarcado no programa de Actividade Deportiva Escolar (Plan XOGADE). A organización estivo a cargo do Servizo Provincial de Deportes de Ourense (Secretaría Xeral para o Deporte) da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Orientación, coa colaboración do Concello de Cenlle, A. D. Limiactiva e Club OUR-O.

15 alumnos/as de 3º da ESO do IES San Mamede, desprazáronse ata a área recreativa de Barbantes (Cenlle) para iniciarse na práctica desta modalidade deportiva na presenza de estudantado doutros centros educativos da comarca.

O centro educativo levou un total de catro equipos na categoría cadete (dous femininos e dous masculinos).

O Departamento de Educación Física quere felicitar a todas as persoas participantes pola súa involucración e éxito na actividade.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión