Despedimos o curso de maneira activa. O 20 de xuño, o alumnado de 1º e 2º ESO do IES San Mamede gozou do primeiro mergullo nas piscinas municipais de Maceda da tempada.
Como é tradición nestes últimos anos, volvemos despedir o curso cunha actividade deportiva. Este ano apostamos pola auga. Primeiramente, o alumnado e profesorado realizou unha pequena ruta de sendeirismo pola beira do río e, despois dun pequeno petisco ofertado polo centro a cada persoa, bañámonos e xogamos na piscina.
O Departamento de Educación Física quere agradecer ao alumnado pola súa participación en todas as actividades deportivas organizadas desde o centro, así como pola súa participación noutras actividades físico-deportivas realizadas no seu tempo de lecer; e ao Concello de Maceda por facer posible o desenvolvemento desta actividade.
Así mesmo, non podía rematar esta publicación sen agradecer todas as mostras de cariño que levo recibidas non só nestes últimos días, senón durante todos estes anos.
Desexamos que a vida activa e deportiva do alumnado continúe a súa aventura. Desfrutade das merecidas vacacións!
Sergio.

