Vida Activa e Deportiva

Danza moderna no Botánico de Montealegre

O luns 6 de maio reuníronse no Botánico de Montealegre case 300 estudantes, acompañados dos seus respectivos/as docentes, para representar unha coreografía da canción “IV. ECO (feat. Berto)” de Fillas de Cassandra.

Todo naceu pola iniciativa dun grupo de profesorado de secundaria, das especialidades de Música e Educación Física, que decidiu realizar un seminario cuxo obxectivo, nesta terceira edición, foi introducir a danza moderna nas escolas de secundaria.

No devandito encontro participaron 7 institutos das provincias de Ourense e Pontevedra (en concreto: de Lalín, Bande, Ourense, Maside, O Carballiño, Maside e Maceda). No noso caso, o IES San Mamede participou co alumnado de 3º ESO e 4º ESO de música.

Durante os meses previos, o alumnado ensaiou, “a pequena escala” nos seus respectivos grupos, a coreografía coa finalidade de realizar un macro-espectáculo con todo o estudantado dos sete centros.

Desde o Departamento de Educación Física e de Música queremos agradecer ao CFR de Ourense por esta oportunidade e á coreógrafa Nuria Sotelo, por facer posible esta iniciativa. Tampouco queremos esquecernos da peza crave do produto: o alumnado, os/as verdadeiros artistas; grazas pola vosa colaboración.

A vida activa, artística e deportiva segue no IES San Mamede!

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión