Vida Activa e Deportiva

Club STRAVA “IES San Mamede”

O Departamento de Educación Física creou un club STRAVA para fomentar a práctica físico-deportiva no tempo de lecer.

STRAVA é unha aplicación que che permite rexistrar a túa práctica deportiva (andaina, carrera, ciclismo…) e gardar datos básicos do teu adestramento: roteiro, lonxitude e duración.

Ao unirte ao noso club STRAVA, “IES San Mamede”, poderás comparar os adestramentos, compartir roteiros e eventos, organizar actividades grupais e retos grupais…

Anímaste a romper o sedentarismo?

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión