No IES San Mamede, foméntase a actividade físico-deportiva desde varios departamentos. Neste caso, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha visita/campamento á Illa de Ons os días 5 e 6 de xuño.
O alumnado de 1º da ESO e de 4º da ESO (de Bioloxía), trataron diferentes temas da materia a través de diversas actividades físicas: realizaron bailes, sendeirismo , xogos, etc.
A vida activa continúa no IES San Mamede!