Durante o mes de maio, sempre que as condicións climáticas e meteorolóxicas o permitiron, o alumnado realizou algunhas sesións de Educación Física na contorna máis próxima do centro educativo.
O alumnado dos dous primeiros cursos da ESO practicou sendeirismo pola zona, mentres que os cursos máis superiores (de ESO e Bacharelato), iniciáronse/profundizaron na práctica da orientación deportiva.
Realizar sesións de Educación Física fóra do centro escolar é unha forma de conectar ao alumnado coa contorna, promover hábitos de vida activos e fomentar o respecto pola natureza. A través do movemento no medio natural e urbano, educamos en sostibilidade, reforzamos valores comunitarios e demostramos que é posible coidar o planeta mentres aprendemos e nos mantemos activos.
