Vida Activa e Deportiva

Actividade de cross (XOGADE)

O venres 21 de novembro deron comezo as actividades do Plan Xogade correspondentes ao curso 2025/26, cun desprazamento a Monterrei para participar nas diferentes probas de cross nas que interviría o noso alumnado. Ata alí acudimos cun grupo de estudantes de 1º e 2º da ESO, co obxectivo de fomentar a convivencia con outros centros educativos e de desfrutar dunha mañá fría na que o deporte se presentaba como a mellor maneira de combatela.

As xornadas iniciáronse coas probas dos máis pequenos dos centros de educación primaria alí presentes, desde os cursos iniciais ata os superiores. A continuación, foi a quenda do alumnado do IES San Mamede. En primeiro lugar disputouse a carreira infantil feminina, na que destacou especialmente a alumna Amelia Prol. Seguidamente tivo lugar a categoría infantil masculina, onde varios dos nosos estudantes ocuparon postos destacados, salientando o primeiro posto acadado por Hugo Vázquez.

Unha vez rematada esta categoría, deu comezo a proba cadete, na que o noso centro tamén tivo unha actuación moi salientable. Na categoría feminina, Lucía González clasificouse en primeiro lugar e Adriana Hermida en segundo. Na categoría masculina, Sebastián Bernal logrou o primeiro posto nunha carreira especialmente disputada.

O vindeiro sábado 13 de decembro celebrarase en Ribadavia o Campionato Provincial de Cross, para o cal un total de 14 estudantes do noso centro obtiveron a súa clasificación.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *