Alumnado & Familias

Convocadas as becas para estudos postobrigatorios 2026/27

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as becas para o curso 2026/27, dirixidas ao alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias.

Poden solicitalas os estudantes que cumpran os requisitos económicos e académicos e que estean matriculados nalgunha destas ensinanzas:

  • Bacharelato
  • Ciclos de FP (Básica, Media e Superior)
  • Ensinanzas artísticas e deportivas
  • Estudos de idiomas en EEOOII
  • Estudos universitarios (grao e máster)
  • Cursos de acceso á universidade para maiores de 25 anos

Desde o 07 de marzo de 2026 ás 8:00 h ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 h.

A solicitude debe presentarse a través da sede electrónica:

👉 https://sede.educacion.gob.es

Consulta toda a información e o estado da túa solicitude en:

👉 https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Ante calquera dúbida, podes consultar co Departamento de Orientación.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *