Vida Activa e Deportiva

Vida activa e primeiros auxilios

Durante o mes de xaneiro impartíronse no noso instituto unhas charlas teórico-prácticas sobre primeiros auxilios, co obxectivo de garantir o máximo rigor e manter unha formación o máis actualizada posible neste ámbito. Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración do persoal da Cruz Vermella de Maceda.

O principal obxectivo destas sesións foi concienciar o alumnado sobre a necesidade e a importancia de coñecer e aplicar os primeiros auxilios, tendo en conta que en calquera momento nos podemos atopar cunha situación de emerxencia que requira da nosa axuda. Ao longo destes días abordáronse contidos de grande relevancia relacionados coa actividade física, facendo especial fincapé na prevención e na práctica segura, así como nos posibles riscos asociados e nas actuacións máis axeitadas ante as diferentes incidencias que poden xurdir.

Para rematar, queremos agradecer sinceramente a todos os membros da Cruz Vermella a súa colaboración e, de maneira especial, a Andrea, responsable de coordinar e levar a cabo estas actividades.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *