Alumnado & Familias

Últimos días do curso 23/24. Entrega de notas, reclamacións e títulos de FP

Último día de clase

  • O último día de clase será este mesmo venres 21.
  • O transporte escolar funcionará con normalidade
  • O horario de clases será o habitual.

Ese día, o alumnado da ESO deberá devolver todos os libros do fondo de préstamo. O alumnado traerá os libros nunha bolsa co seu nome e quedarán na aula sobre a mesa do profesorado.

Tamén se procederá a facer a recollida recollida e limpeza da aula de referencia

Ver CalendarioVenres 21 de xuño

Entrega de notas

  • A entrega de notas será o martes 25 ás 10:00
  • Ese día non haberá transporte escolar.
  • Entregarase tamén a matrícula para o vindeiro curso (agás ao alumnado que xa a fixo)
Ver CalendarioMartes 25 de xuño. 10:00h

Solicitude de títulos de FP

Para alumnado de 2º SMR e 2º DAM:

  • Unha vez entregadas as notas, ese mesmo día, aquel alumnado que superase xa as prácticas en empresas (FCT) deberán acudir á oficina de Abanca de Maceda para pagar as taxas do título.
  • Posteriormente, subirán de novo ao centro co xustificante de pago e lles daremos un certificado académico
  • Ese mesmo día, comeza a admisión para FP (CM e CS), polo que o alumnado será informado dos pasos necesarios para acceder a un ciclo formativo.
Ver CalendarioMartes 25 de xuño. 10:00h

Reclamacións

Ver CalendarioMartes 25 e Mércores 26
Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Comparte a túa opinión