Noraboa a todos/as.
A semana pasada publicáronse as cualificacións da convocatoria ordinaria das PAU 2025, e o IES San Mamede ten moito que celebrar.
O noso alumnado acadou uns resultados excelentes, situándonos entre os 10 centros con mellor nota media da provincia de Ourense. Unha mostra clara do traballo constante, o compromiso e o esforzo de todas e todos.
Aínda que un dos nosos alumnos decidiu darlle máis emoción e gardar a súa épica para a convocatoria extraordinaria de xullo, o balance global é moi positivo.
Parabéns a todo o alumnado de 2º de Bacharelato! Orgullo San Mamede 🎓💙